FREIXA DAS LAXES

Fervenzas
343

Localización

Parroquia: Rebón (San Pedro)

Lugar: A Fontaíña

Moraña - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 39.0" N - 8º 36' 20.5" W

Descrición

Para chegar á freixa das Laxes debemos dirixirnos ao lugar da Fontaíña, na parroquia de san Pedro de Rebón, concello de Moraña. Alí debemos deixar o noso vehículo para continuar a pé. Como non hai ningunha sinalización camiñaremos ata a última casa da aldea, pasamos por diante dela e collemos á dereita por un camiño de lousas que nos levará ata unha pequena ponte que cruza o río.

Nuns poucos metros chegaremos á freixa das Laxes que se atopa no río de Gundeiro, afluente do río Agra que á súa vez desemboca no río Umia. Alí atoparemos un muíño e un par de pequenos saltos de auga.

IMPORTANTE: debemos ter moita precaución ao camiñar sobre as laxes xa que, cando están molladas, vólvense extremadamente escorregadeiras. 

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!