CAPELA DE SANTA MARTA

Relixioso
618

Localización

Parroquia: Darbo (Santa María)

Lugar: Santa Marta

Rúa Santa Marta

36949  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 29.8" N - 8º 48' 29.0" W

Descrición

Asentada na parroquia de Darbo, á beira da praia co mesmo nome. A construción é de estilo románico, e non se coñece a súa data exacta de construción. A finais do Século XVI a igrexa atopábase moi deteriorada, e foi no 1603 cando se restaurou, perdendo gran parte das súas trazas románicas. Tamén se dispuxo un novo deseño como a cruz sobre o campanario. A ermida permaneceu en estado ruinoso durante gran parte do século XX, sendo reconstruída para o culto nos anos 80. A lenda conta que as irmás de Lázaro, Santa Marta e Santa Magdalena, escapando da persecución chegaron ás costas do Morrazo, sendo o lugar exacto onde se atopa a capela co mesmo nome. A iconografía representa a Santa Marta co tributo propio dos leprosos: o caldeiriño suxeito pola man. Utilizábase como sinal sonoro para advertir aos veciños da proximidade  dun enfermo.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-313 dirección Aldán/Bueu pola costa, seguir por esta estrada 2,6 km, logo desviarse a esquerda pola Rúa Viacova/EP-1010 uns 200m e volver xirar a esquerda pola Rúa Santa Marta, segue por esta rúa 700 m ata chegar a capela.

Estilos

Románico
Arriba