CAPELA DE SANTIAGO DE DONÓN

Relixioso
423

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: Donón

Rúa de Donón

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 25.7" N - 8º 51' 26.5" W

Descrición

Pequena capela restaurada recentemente, situada ao marxe da calzada ao comezo do pobo. Serve como lugar de culto para a xente do lugar e onde o párroco de Hío acode a realizar os seus oficios. Como o seu nome indica tamén está adicada a Santiago Apóstolo, do mesmo xeito que a Ex-colexiata, que é a igrexa titular da vila de Cangas. O seu día de celebración é o 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo e de festividade en toda Galicia. 

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-315 dirección Aldán/Bueu pola costa, seguir por esta estrada 4 km, logo desviarse a esquerda pola Rúa Estrada do Viso - Hío/EP-1008, despois de 1 km volver xirar a esquerda pola Rúa Antonio Graña González/EP-1006, despois de 3,8 km chégase a Capela situada na marxe dereita da estrada.

Estilos

Neoclásico
Arriba