CRUCEIRO, PAZO E PRAZA DE SÍNGULIS

Etnográfico
355

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa de Álvaro Guitián 20

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 41.7" N - 8º 47' 12.5" W

Descrición

Subindo a costa de Síngulis, no centro de Cangas, atopamos cun conxunto monumental que consta de pazo, cruceiro e praza.
O pazo é unha fermosa edificación de estilo barroco do século XVIII. Ten un escudo na fachada e unha gran balconada. Existe outro escudo nun muro á beira desta casa.
Na praza vemos varias «casas de patín», pero o que máis chama a atención é o marabilloso cruceiro barroco. Está situado na praza do mesmo nome, rodeado de casas de patín, e aquí dise que era onde se presenciaban os castigos aos condenados pola Inquisición nos ss. XVI-XVII.
O cruceiro, coñecido por algúns como Cristo dos Aflixidos, data do s. XV ou XVI e aséntase sobre catro escaleiras octogonais.
Na parte frontal da cruz, represéntase ao Cristo morto, coas mans pechadas, e na parte traseira, a Virxe das Dores, acompañada da inscrición INRI. O capitel está moi traballado, e nel aparecen as cabezas de dous anxos, e nos laterais, unha cuncha de vieira. O fuste é octogonal, do mesmo xeito que o pedestal e as catro escaleiras sobre as que se apoia.

Acceso

Atópase no casco vello da vila, subindo polo Eirado do Costal e xirando a esquerda pola Rúa de Álvaro Guitián, saíndo do centro da zona vella situase a dereita na praza que recibe o mesmo nome.
Arriba