FONTE E LAVADOIRO DO HÍO

Etnográfico
405

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: O Igrexario

Rúa da Fontenova

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 13.5" N - 8º 49' 49.5" W

Descrición

Interesantísima obra da arquitectura popular galega, do século XVIII.
O seu estilo é barroco de placas. Nunha inscrición consta do ano 1760.
Ten un testeiro interior de pedra cun gran escudo tallado.
A cuberta é de madeira a tres augas, soportada polo testeiro a dúas columnas.
Tella do país como material de cubrición.
Este lavadoiro atópase situado detrás da casa reitoral, accedéndose por un pequeno camiño e é de uso público.

Acceso

Saír do núcleo urbano pola PO-315 dirección Aldán/Bueu pola costa, seguir por esta estrada 4 km, logo xirar a esquerda pola Rúa Estrada do Viso - Hío/EP-1008, despois de 1 km xirar a dereita e seguir pola estrada Rúa do Igrexario/EP-1005, logo de 180 m xirar a esquerda pola Rúa do Geo, tras 50 m xirar a esquerda pola Rúa da Fontenova, ao comezo se atopa o lavadoiro na marxe esquerda.
Arriba