CASA DA BOLA

Civil
382

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa Euxenio Sequeiros 9

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 49.1" N - 8º 47' 02.7" W

Descrición

Casa do s. XIX, de estilo neoclásico tardío, ten tres balcóns e está rematada nunha bóla da que recibe o nome.
De propiedade dunha familia acomodada, no interior conserva a estrutura orixinal da casa, e no primeiro andar aínda queda o espazo que conformaría a cociña coa lareira. Na parte superior da fronte conserva un reloxo e un pequeno palmeiro.
Na década dos 80 sufriu un incendio importante que supuxo o abandono do inmoble polos seus propietarios e a posterior compra e rehabilitación por parte do concello para destinala a fins sociais (actualmente acolle a Oficina de Turismo e AFAMO na planta baixa, a sede de ADICAM no primeiro andar e Asociación Morada no segundo andar).

Acceso

Situada en pleno casco urbano, en fronte o Mercado Municipal, na Rúa Euxenio Sequeiros.
Arriba