MAUSOLEO CEMITERIO DE CANGAS

Civil
760

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Lugar: Cangas

Rúa San Xosé

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 00.4" N - 8º 46' 58.5" W

Descrición

Tamén chamado Panteón de Ranqueta. Obra moi cargada e posiblemente a máis lograda de Cerviño. É a tumba de Don Joaquín Francisco Graña e Bernardo Fandiño. Posúe uns finísimos panos que parece imposible que se poidan lograr e realizar en granito. Esveltísimas columnas salomónicas. Pode considerarse tamén unha obra de estilo ecléctico. Foi realizado nos anos 1899-1901.

Acceso

Dende a Rúa Euxenio Sequeiros, en fronte a Praza de Abastos, xirar a esquerda pola Rúa de San Xosé e cruzar o casco histórico, despois de 350 m, na marxe dereita, situase o Cemiterio Municipal onde se atopa o mausoleo.
Patrimonio cultural Civil Cemiterios singulares
Arriba