IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANTONIO DE PADUA

Relixioso
405
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Manuel María 12

27400  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 30.9" N - 7º 31' 20.2" W

Descrición

Atópase na rúa Poeta Manuel María. Foi inaugurada no ano 2000 e presenta forma de vieira. No altar atópase un cáliz e sobre el a figura de Xesús Resucitado. Aos lados medallóns coas imaxes de María Magdalena e de S. Pedro. Sobre Xesús resucitado imaxe de Deus Pai flanqueado por anxos e sobre este vidreira con representación do Espírito Santo en forma de Pomba. A igrexa posúe imaxes da Virxe Nai e de Santo Antonio de Padua. Forma parte do mesmo edificio unha capela no extremo esquerdo con imaxes da Virxe do Rosario, San Xosé e Santo Antonio de Padua. No adro da igrexa atópase unha escultura metálica de Cristo crucificado e o campanario exento do templo. Na igrexa destaca a simboloxía das súas numerosas vidreiras.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba