IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ESTEVO DAS NOCEDAS

Relixioso
372
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: As Nocedas (Santo Estevo)

27414  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 29' 20.0" N - 7º 29' 17.9" W

Descrición

É un templo de nova construción situado no núcleo da Eirexe. Está construído sobre a igrexa primitiva da que se conservan algunhas pezas de cantería nos muros. Ten planta rectangular e cuberta a dúas augas resolta en tella. O campanario, de dous vans e situado enriba da nave está descentrado con respecto ao eixo da igrexa. No interior atópase unha pía bautismal do século XVII e esculturas de Santo Estevo e da Virxe das Mercedes.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba