IGREXA PARROQUIAL DE SAN COSMEDE DE FIOLLEDA

Relixioso
310
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Fiolleda (San Cosmede)

Lugar: Fiolleda 18

27418  Monforte de Lemos - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 03.9" N - 7º 32' 38.0" W

Descrición

O templo data do século XVIII e está situado ó oeste do núcleo de Fiolleda. Ten nave rectangular con cuberta a dúas augas resolta en lousa. A fachada principal está rematada por espadana de dous vans. Presenta pórtico sobre columnas na fachada lateral. O retablo maior é do século XVIII, o esquerdo é rococó do mesmo século e o dereito neoclásico. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba