IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE BRANDOÑAS

Relixioso
1032

Localización

Parroquia: Brandoñas (Santa María)

Lugar: A Gris

15859  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 11.0" N - 8º 57' 47.9" W

Descrición

Ten nave de planta rectangular, muros de cachotaría e cadeirado, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico, ten unha porta alintelada enmarcada por unha fornela, que alberga unha imaxe. Espadana de dous vans coroada por un frontón triangular.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada a Castro. Avánzase e tras pasar Fonte Espiño xírase á dereita cara a A Toxa. Séguese adiante e tras pasar Pedrouzo está Brandoñas e a súa igrexa.
Arriba