IGREXA PARROQUIAL DE SANTA SÍA DE ROMA

Relixioso
898

Localización

Parroquia: Santa Sía de Roma (Santa Sía)

Lugar: Santa Sía de Roma

15150  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 35.0" N - 8º 57' 56.0" W

Descrición

Reconstruída no s. XX. Ten unha nave de planta rectangular, muros caleados e cuberta a dúas augas con tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada, unha ventá rectangular e un óculo. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Campanario coroado por unha cúpula rematada por un pináculo e unha cruz. Ten retablos con esculturas no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada a Castro. Ao pasar As Gándaras tórcese á dereita cara a A Mamoa. Xírase á dereita e chégase a Santa Sía de Roma.
Arriba