IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ADRIÁN DE CASTRO

Relixioso
1181

Localización

Parroquia: Santo Adrián de Castro (Santo Adrián)

Lugar: Santo Adrián de Castro

15856  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 20.0" N - 8º 55' 10.9" W

Descrición

Construída na segunda metade do s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cadeirado, cuberta a dúas augas e tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada, unha ventá lobulada e unha cruz. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Torre-campanario dun van, con catro arcos de medio punto peraltados, decorada cun acrótero rematado en bóla e está coroada por unha cúpula sobre a que descansa unha cruz.

Acceso

Dende a capital municipal, toma a estrada a Castro. No primeiro cruzamento xírase á esquerda a man dereita está a igrexa.
Arriba