ERMIDA DE SAN BARTOLOMEU

Relixioso
199
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Sabiña (San Xulián)

Lugar: O Busto

15860  Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 23.5" N - 8º 51' 40.2" W

Descrición

Ermida da época baixomedieval (séculos XIII-XIV) que se atopa no alto dun monte que se ergue case cen metros sobre a súa contorna. Foi construída sobre os restos dun castro ou doutro tipo de asentamento similar. No seu entorno hai un gran penedo que dá a un muro de pedra natural de dez metros de caída. Presenta dous volumes: un máis antigo, do século XIII ou XIV que se correspondía co presbiterio, e outro moito máis recente feito en bloques de cantería que se correspondería coa nave principal. Ten un retablo pétreo de estilo barroco con columnas salomónicas.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba