IGREXA DE SAN FIZ DE FREIXEIRO

Relixioso
192
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Freixeiro (San Fins)

Lugar: Freixeiro

15846  Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 30.1" N - 8º 46' 44.3" W

Descrición

Templo dos séculos XII-XIII, de estilo orixinal románico, ainda que con moitos engadidos posteriores, incluidos uns rosetóns góticos e un interior cun vistoso retablo barroco. Ten planta de salón, cunha soa nave e unha capela maior rectangular, cuberta con bóveda de canón reforzada cun arco faixón. 
Dous rosetóns contribúen á iluminación interior do templo: un na capela maior e o outro na nave central. Unindo aos contrafortes exteriores aparecen arcos de medio punto cegos que modulan o espazo.
A fachada, de época neoclásica, ten o seu remate nun frontón triangular sostido por un entaboado sobre pilastras que percorren verticalmente toda a fachada. Un óculo, un escudo e dous pináculos completan a ornamentación. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba