ERMIDA DE NOSA SEÑORA DO FARO

Relixioso
1941
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Requeixo (Santiago)

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 28.9" N - 7º 53' 33.0" W

Descrición

Foi reformada totalmente no século XVII; no ano 1726 reformouse o frontispicio. Ten planta de cruz latina, con nave rectangular e brazos curtos da mesma forma. O presbiterio é rectangular, igual que as dúas pequenas estancias apegadas nos ángulos que se forman entre o presbiterio e os brazos do cruceiro. Confórmana muros de cachotería e cantería de granito e lousa.
O arco triunfal é de medio punto. A nave está cuberta con bóveda de canón dividida en tres tramos con catro pilastras con arco de medio punto e imposta. A portada principal é alintelada, con frontón recto, pilastras ornamentadas con placas e porta moldurada. O retablo da capela maior é de estilo neoclásico, realizado por Tomás Figueroa Rodríguez.

Acceso

Acceso I: saír de Chantada pola estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 3 km aproximadamente tomar o desvío á esquerda pola LU-P-1002, seguindo os sinais de dirección á Nosa Señora do Faro.
Acceso II: saír pola estrada LU-213 e no alto do Faro coller o desvío á esquerda,  por unha pista de terra.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba