IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA DE ESMERIZ

Relixioso
798
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Esmeriz (Santa Mariña)

Lugar: Santa Mariña

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 56.0" N - 7º 52' 22.9" W

Descrición

Edificio que se construíu na primeira metade do século XVIII, con reformas posteriores no frontispicio.
A planta é rectangular nos tres corpos, nave, presbiterio e sancristía. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas e tres augas.
O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de medio punto. A fronte ten portada alintelada, rematada cunha espadana de dous vans. No seu interior conserva tres retablos, o dereito e o maior de estilo neoclásico, e o esquerdo de estilo barroco.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 3 km  desviarse á esquerda pola estrada LU-P-1002. A 5 km aproximadamente coller o desvío á dereita en dirección Requeixo. Continuar pola estrada LU-P-1814.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba