EDIFICIO ALIANZA ARENSANA

Civil
91

Localización

Parroquia: Ares (San Xosé)

Lugar: Ares

Praza Mestre Federico García

15624  Ares - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 31.0" N - 8º 14' 45.9" W

Descrición

Obra de Rodolfo Ucha Piñeiro, un dos máis representativos arquitectos galegos das primeiras décadas do século XX (1911). De estilo ecléctico, sufriu unha reconstrución entre 1992-1995. As cubertas orixinais foron substituídas por outras de gran voo, deixando libre unha terraza debaixo delas. Mantén a volumetría orixinal aínda que a distribución interior foi modificada. Así, dous corpos cúbicos foron colocados simetricamente respecto a un corpo central máis alongado que desempeña as funcións de distribuidor. Dende o punto de vista ornamental, son destacables os arcos oxivais dalgunhas ventás e os pequenos "canzorros" da cornixa.

Acceso

No núcleo urbano.
Arriba