IGREXA DE SAN VICENTE DE MEIRÁS

Relixioso
1598

Localización

Parroquia: Meirás (San Vicente)

Lugar: A Igrexa

15550  Valdoviño - A Coruña

Coordenadas:
43º 35' 03.0" N - 8º 11' 33.9" W

Descrición

Igrexa de estilo ecléctico. Planta rectangular. Única nave cuberta cunha bóveda rebaixada. O espazo delimitado entre a nave e o presbiterio resólvese mediante un arco triunfal apuntado sobre pilastras.

O exterior concentra a súa decoración na fachada principal, a cal está dividida en tres corpos verticais. O central marca o eixe de simetría co campanario. A porta de acceso está enmarcada por un arco apuntado. Os corpos laterais contan con ocos rematados en arco apuntado. Cornixa decorada con arquitos cegos. Cuberta a dous e catro augas con cubrición de lousa.

Arriba