CASAS CON GALERÍAS TÍPICAS DA TRAV.DA MARINA

Civil
1498

Localización

Parroquia: Viveiro (Santa María e Santiago)

Rúa: Travesía de la Marina.

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 42.6" N - 7º 35' 47.4" W

Descrición

Ao longo da rúa da Travesía da Mariña, xusto en fronte da ría de Viveiro, atopámonos con numerosas casas seguidas con típicas galerías, que se van repetir en toda a urbe de Viveiro así como noutras cidades costeiras de Galicia. Presentan grande homoxeneidade de materiais e formas, construídas con cadeirado de granito e entrepanos de cachotaría, con cuberta de lousa e galerías de madeira ou pvc que ocupan a parte frontal das casas, que adoitan presentar tres ou catro pisos. As brancas galerías ocupan, ou ben todas as plantas -exceptuando a primeira- ou ben as plantas superiores de cada casa.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Accesibilidade: Peonil, en coche e en autobús.
Arriba