Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA NOSA SEÑORA DE RUBÍN&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA NOSA SEÑORA DE RUBÍN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/22834/capela-da-nosa-senora-de-rubin?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Cícere (San Pedro)
Lugar: Rubín
15845 Santa Comba - A Coruña
Capela relacionada cos cultos primitivos ao poder curativo da auga. A capela maior é singular porque se cobre cunha bóveda de cruzaría, única na comarca, que foi construída no século XVI. A fachada, de boa cantería, contrasta cos muros de cachotería con cal.
Esta capela, fundada por Juan Prego de Montaos en 1593, conforma un importante santuario xunto coa fonte santa de Rubín. Aínda que é coñecida polos veciños como a Capela de Rubín, a súa advocación é a de Nosa Señora de Saúde, da que existe unha imaxe no seu interior, así como tamén un San Miguel chamado popularmente como o demo de Rubín, e unha imaxe de Nosa Señora da Pascua.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.