CAPELA DA NOSA SEÑORA DE RUBÍN

Relixioso
1118
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cícere (San Pedro)

Lugar: Rubín

15845  Santa Comba - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 47.0" N - 8º 51' 33.9" W

Descrición

Capela relacionada cos cultos primitivos ao poder curativo da auga. A capela maior é singular porque se cobre cunha bóveda de cruzaría, única na comarca, que foi construída no século XVI. A fachada, de boa cantería, contrasta cos muros de cachotería con cal.

Esta capela, fundada por Juan Prego de Montaos en 1593, conforma un importante santuario xunto coa fonte santa de Rubín. Aínda que é coñecida polos veciños como a Capela de Rubín, a súa advocación é a de Nosa Señora de Saúde, da que existe unha imaxe no seu interior, así como tamén un San Miguel chamado popularmente como o demo de Rubín, e unha imaxe de Nosa Señora da Pascua.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!