CASA DE ABELEDO

Vivendas Turísticas
327

Localización

Parroquia: Castelo (Santa María)

Lugar: Castelo 1

27559  Taboada - Lugo

Coordenadas:
42º 41' 32.4" N - 7º 44' 40.5" W
+34 609 588 189
+34 609 588 189

Contacto para reservas

Descrición

É unha casa independente de 350 m2 nunha leira de 3.000 m2.
É perfecta para familias, amigos (e mascotas!) que queiran compartir paseos polo campo, grelladas e charlas xunto ao lume...
Está a tan só 1 km da Estrada principal N-540 que une Lugo, Ourense e os mellores lugares da Ribeira Sacra.
Tamén é estupenda se queres facer unha paréntese e traballar desde aquí unha tempada. Ten fibra óptica por cable de 100MB de velocidade.
Na planta alta hai unha cociña - comedor de 30m2 na que tedes todo o necesario para cociñar.

Nesa mesma planta hai tres habitacións e un cuarto de baño con ducha de obra.
Na planta baixa hai un gran salón de 60m2 con 3 sofás e mesa para usos múltiples. Alí atopardes cartas, xogos de mesa, xoguetes e unha selección de libros para pequenos e maiores.
O piso de abaixo ten a súa propia saída ao exterior, ademais dunha habitación e un baño.

Número de baños ou aseos

Número de baños ou aseos: 2

Nº total de prazas do establecemento

Nº total de prazas do establecemento: 9
Arriba