CHAO DA VIÑA

Civil
367

Localización

Parroquia: A Viña (Santaia)

Lugar: O Chao da Viña

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 15.7" N - 8º 04' 46.5" W

Descrición

Núcleo rural.
Destacar dúas vivendas, a primeira unha vivenda tradicional con planta en forma T en todas as súas alturas.
Muros de cachotería sen revocar, agás esquinas e recercados que son de cantería. Poucas e pequenas fiestras, sobresaíndo o balcón de madeira no primeiro andar. A cuberta de tella curva no corpo principal a dúas augas, mentras que nos corpos anexos soamente teñen unha auga.
A segunda esta diante desta, é unha vivenda rectangular de dúas alturas con muros de cachotería moi macizos con esquinaís e recadros de cantería, está cuberta de tella a tres augas. Nunha esquina sobre o canzorro, imaxe dunha santiña.
Arriba