Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE OLEIROS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23040/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-oleiros?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Oleiros (San Martiño)
15993 Ribeira - A Coruña
Crese que con anterioridade a este templo puido existir outro románico como testemuña á escultura da Mater Dolorosa embutida no muro do adro.
A igrexa actual foi mandada construír pola Orde Beneditina (o seu patrón é San Martíño) e foi ampliada en 1853. Consta dunha planta en cruz latina con sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras e que sosteñen unha bóveda de canón. A tribuna atópase aos pés da igrexa. No segundo tramo dúas capelas laterais xemelgas construídas nos anos 40 e cubertas con bóveda de aresta. O presbiterio e a sancristía tamén cóbrense con bóveda de aresta. Os seus muros son de perpiaño, a excepción dos esquinais que son de cantería de granito. Salvo a fachada, o resto dos muros están cubertos con enfuscado pintado de branco. A cuberta é a dúas augas con tella curva. A fachada principal é de gran simplicidade. Ábrense tres ocos: a porta principal rectangular, sobre ela unha fornela en arco de medio punto coa imaxe de San Martíño e na parte superior unha ventá cadrada. Remata cunha cornixa a dúas auga no vértice da cal se levanta o campanario.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.