Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: O ENTERRO DA SARDIÑA DE MARIN&body=Recoméndoche que leas a información O ENTERRO DA SARDIÑA DE MARIN extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/230414000200/o-enterro-da-sardina-de-marin?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
Existe documentación que demostra que O Enterro da Sardiña de Marín xa se celebraba no século XIX. (La Voz de Galicia do ano 1882).
Aínda que foi prohibido desde o ano 1936 ata que se recuperou de novo no ano 1976, vénse celebrando ininterrompidamente ata os nosos días, o Mércores de Cinsa de cada ano e organizado polo Ateneo Santa Cecilia de Marín.
Esta festa contén aspectos orixinais que a fan diferente doutros “Enterros” en Galicia ou no resto de España. Un exemplo sería a Ladaíña que se le na praza do Reloxo por parte do axudante e o Bispo, que data de 1893, e a música que toca a banda de música ao longo do percorrido é do ano 1903. Remátase co Asolagamento da Sardiña tirándoa o Bispo ao mar no porto de Marín.
O carácter cultural e tamén tradicional do noso Entroido ponse en valor recuperando tradicións ancestrais como é o velorio, as figuras das choronas ...
Nesta festa popular poden participar cantas persoas maiores e nenas/os queiran sen ningún tipo de restricións.
Procúrase que a posta en escena da celebración, a ambientación, a recreación e a infraestrutura onde se celebran os actos máis relevantes (Velorio, Sermón e lectura da Ladaíña, Asolagamento da Sardiña, etc.) e demais atrezzo así como os uniformes das persoas participantes, estandartes (obra do pintor marinense Manuel Torres) das diferentes confrarías da comitiva respecten ao máximo a tradición.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.