MIRADOIRO DO XÁBREGA

Áreas de recreo e miradoiros
171

Localización

27425  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 40.4" N - 7º 38' 04.4" W

Descrición

Atópase a unha altura de 319 metros, nun pequeno montículo onde están os restos dun asentamento castrexo , desde o que apreciaremos o gran val onde se embalsan as augas da presa de Santo Estevo. Accédese por unhas escaleiras con diversos motivos e gravados contemporáneos relacionados co Castro de Xabrega situado á beira do propio miradoiro. Moi preto existen un conxunto de muíños restaurados que forman parte do roteiro de sendeirismo PRG 86 que son dignos de percorrer e visitar. Seguindo o propio roteiro de sendeirismo ou ben a estrada que vai ao embarcadoiro de Os Chancís chegaremos ao miradoiro que leva o nome do embarcadoiro.
Arriba