MIRADOIRO DOS CHANCÍS

Áreas de recreo e miradoiros
207

Localización

27425  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 37.1" N - 7º 37' 57.4" W

Descrición

Xunto ao embarcadoiro de Os Chancís, onde se precipita en forma de fervenza o río Xabrega (tamén chamado do Camilo) atopamos este miradoiro. Atópase ao final da estrada onde tamén hai habilitado un aparcamento para dar cabida aos visitantes que van tanto en coche como en autobús que vaian embarcar ao catamarán da empresa Siltrip. Desde o propio miradoiro observamos parte do Canón do Sil cara ao leste onde se embalsan as augas da presa de Santo Estevo, vemos ao lado ourensán o veciño municipio de Nogueira de Ramuín co embarcadoiro de Santo Estevo alén do río desde o que poderemos coller tamén un dos catamaráns que percorren o río Sil.
Arriba