SERNANDE

Áreas de recreo e miradoiros
278

Localización

Parroquia: Nogueira de Miño (Santa María)

27515  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 32' 33.1" N - 7º 42' 54.4" W

Descrición

Situado sobre o Canón do Miño ofrece unha espectacular panorámica da zona de ribeira. Desde este pódese apreciar o sistema de cultivo da vide en socalcos, característico da Ribeira Sacra.
Desde o mesmo divísase a Illa de Maiorga, unha elevación do terreo, cuberta de vexetación, que quedou totalmente rodeada polas augas do Miño, a consecuencia da construción do encoro dos Peares.
Nas proximidades atópanse varios templos románicos.
Arriba