SANTUARIO DAS ANGUSTIAS

Relixioso
1400
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Pedro das Viñas (San Pedro)

Lugar: As Angustias

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 14.0" N - 8º 13' 31.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco do século XVIII (1750). Presenta unha planta de cruz latina, con cruceiro rematado nunha cúpula. Aos pés da nave sitúase un coro alto. A distribución dos espazos parte do cruceiro, con catro arcos de medio punto que dan paso ás capelas laterais, o presbiterio e a nave, os cales presentan cubertas abovedadas. A ornamentación exterior concéntrase na fachada principal, dividida en dous corpos. O primeiro deles, rectangular e rematado por unha cornixa, áchase dividido en tres espazos. O segundo correspóndese coa torre campanario. O edificio constitúe un interesante exemplo do barroco galego, no que se mestura a sobriedade estrutural e un profuso xogo de elementos xeométricos.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a N-VI en dirección a A Coruña ata Angustia, onde atópase a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba