PENA DOS NAMORADOS

Áreas de recreo e miradoiros
467

Localización

Parroquia: Mesego (Santa María)

O Carballiño - Ourense

Coordenadas:
42º 25' 26.5" N - 8º 05' 47.0" W

Descrición

Conxunto de grandes rochas de granito, coroadas por unha delas que permanece na súa base, a mercé da choiva e do vento. O lugar está relacionado cun asentamento do período paleolítico, xa que se atoparon restos no entorno, que os primeiros poboadores destas terras puideron considerar un monumento máxico-relixioso.
En 1996 apareceron tamén os restos dunha antiga ermida. Está preto das beiras do río Arenteiro, sendo un dos recunchos máis pintorescos do Carballiño.
Arriba