CAPELA DOS REMEDIOS

Relixioso
294

Localización

Parroquia: Lira (Santa María)

Lugar: Lira

15292  Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 50.6" N - 9º 07' 57.3" W

Descrición

A Capela dos Remedios foi construída en 1706. Segundo a memoria popular esta construción vén motivada pola aparición da Virxe dos Remedios nese mesmo lugar, aínda que existen outras hipóteses que din que foi construída nesa zona para que os pastores puidesen acudir aos actos relixiosos os domingos sen perder de vista o seu gando.
Trátase dunha construción con muros de cantaría e cuberta a dúas augas con tellado de tella. Destaca a espadana central, que se ergue sobre a fachada principal, coroada por unha cruz. Interiormente a construción está cuberta por bóvedas de canón. Dentro conserva unha copia da “aparición” orixinal da virxe, que era de pedra e da se descoñece o seu paradoiro. Tamén existen varias maquetas de barcos, entre as que destaca a da fragata Ariete, que embarrancou na Punta dos Remedios o 25 de febreiro de 1966. A tripulación do barco e a poboación local atribuíronlle o salvamento á virxe, motivo polo cal dende aquela a capela ten unha clara devoción mariñeira. 
Arriba