TORRE DOS MOUROS

Depósitos arqueolóxicos
98

Localización

Parroquia: Lira (Santa María)

Lugar: Miñarzo

Carnota - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 47.5" N - 9º 06' 52.8" W

Descrición

Forma parte do Museo Arqueolóxico Aberto de Carnota. Situada no alto dun outeiro na parroquia de Lira, dende a súa cima podemos gozar dunha impresionante panorámica de 360 graos que abrangue dende o monte Louro ata o cabo Fisterra. A orixe desta fortificación sitúase entre a Antigüidade tardía e a Alta Idade Media. Conta cun sistema de dobre muralla, dous recintos internos e unha entrada orientada cara ao porto de Lira. Nos seus inicios tivo unha función protectora e, co paso do tempo,  déuselle un uso agrogandeiro. Durante o século XX volveu ser utilizada como refuxio para os perseguidos durante a Guerra Civil.
Arriba