CASTRO DE PUNTA DOS PRADOS

Depósitos arqueolóxicos
123

Localización

Parroquia: Espasante (San Xoán)

Lugar: O Porto de Espasante

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 43' 24.0" N - 7º 48' 45.5" W

Descrición

O xacemento arqueolóxico de Punta dos Prados atesoura os restos dun pequeno poboado fortificado construído entre os séculos IV e I antes de C. Situado en primeira liña da costa, nunha pequena península que cerca ao NE a enseada que forma a praia da Concha, presenta un doado acceso situado no propio porto de Espasante.
Exemplo dos castros marítimos, nel o recinto habitacional aparece protexido e illado da zona de acceso natural, mediante a dous foxos en U, intercalados por dúas altas murallas de pedra e terra, completado cun parapeto exterior moi afectado pola erosión.
O espazo intramuros viuse tamén moi alterado polos procesos erosivos e pola súa ocupación en época moderna.
O elemento máis sobresaínte é o monumento con forno, unha sauna ou baño de vapor atopada durante unha intervención no ano 1987. Este monumento está parcialmente soterrado, fóra do espazo habitacional, nunha zona con presenza constante de auga, e presenta diferentes estancias conectadas entre si. Atribúese ao século II despois de C.
Destaca tamén o antigo acceso ao recinto, un camiño de cantos rodados delimitado por muros e cun torreón arrasado.
Patrimonio cultural Depósitos arqueolóxicos Cultura castrexa (castros, citanias)
Arriba