PETO DE ÁNIMAS DE BELESAR

Etnográfico
57

Localización

Parroquia: Belesar (San Bartolomeu)

Lugar: Belesar

27514  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 27.1" N - 7º 43' 32.4" W

Descrición

Peto de ánimas carente de repisa cuxa parte central está ricamente decorada con multitude de figuras. No alto do
retablo disponse un santo e unha figura feminina que quizais se identifique coa Virxe María; no centro á Virxe do
Carme rodeada por catro anxos, e baixo eles dez almas nun barco no Purgatorio. Na parte inferior localízase un
cuadrúpedo, unha figura axeonllada e unha escena difícil de identificar.
Na base do elemento disponse o caixón das esmolas que conserva a porta metálica.
Arriba