IGREXA DE SAN PEDRO DE MURO

Relixioso
1329

Localización

Parroquia: San Pedro de Muro (San Pedro)

Lugar: A Igrexa

15994  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 37' 10.9" N - 9º 01' 21.9" W

Descrición

Esta igrexa de 1720 é de grande sinxeleza en canto a formas e decoración, salvo a fachada que foi engadida en época neoclásica. O templo é de planta de cruz latina, co brazo transversal moi curto e máis baixo. Os muros son de cantería de granito e a cuberta a dúas augas con tella curva. No interior, as bóvedas cóbrense con bóvedas de canón sobre arcos de medio punto e de aresta no cruceiro. A sancristía está pegada ao testeiro do presbiterio. A fachada, de inspiración neoclásica, Se compón dun grande frontón que descansa sobre catro pilastras con capiteis xónicos. No tramo central, a porta está situada nun plano posterior e cuberta cun arco plano; por enriba hai un van ovoidal. Entre as pilastras, dúas ventás de arcos rebaixados. Dous grandes pináculos rematan os extremos do frontón e do vértice arranca o campanario de inspiración barroca e grandes proporcións.
Arriba