IGREXA DE SANTA MARÍA DE NEBRA

Relixioso
1147

Localización

Parroquia: Nebra (Santa María)

Lugar: A Igrexa

15978  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 24.9" N - 8º 57' 50.0" W

Descrición

Esta igrexa do s. XVIII sufriu variacións e a súa planta orixinal quedou alterada ao engadirlle as capelas laterais. Hoxe en día presenta unha planta en cruz latina e dúas capelas laterais comunicadas tamén co brazo transversal. As naves están cubertas con bóvedas de canón sobre arcos faixóns de medio punto e bóveda de aresta no cruceiro. Os muros son de cadeirado de granito, interrompidos no interior polos arcos de medio punto para acceder ás capelas laterais, de planta cadrada e reducido tamaño. Na cabeceira sitúase a capela maior, do mesmo ancho que a nave principal e cuberta con bóveda de canón, ten pegada no lateral norte unha pequena sancristía. O exterior carece case de ornamentación. A cornixa percorre os muros e dá paso a unha cuberta a dúas augas. Na fachada principal están os únicos elementos decorativos: un frontón triangular partido, cunha fornela dentro do tímpano e enriba da porta unha ventá moi sinxela. O elemento máis destacado é a torre formada por tres corpos superpostos, rematando nunha cupulilla.

Acceso

Dende Porto do Son tomamos a C-550 con dirección a Noia. a 3,2 km chegamos a un cruzamento e tomamos á dereita, seguindo o indicador Nebra e condúcenos ao lugar e á Igrexa.
Arriba