ERMIDA DE SAN VICENTE DE PONTOIBO

Relixioso
1091

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: O Pontoibo

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 34.9" N - 7º 50' 08.9" W

Descrición

Pequeno templo de planta rectangular dunha soa nave, con muros de cachotaría de lousa revocados de branco con zócolo azul, e cuberta tamén de lousa a dúas augas, recentemente restaurada. Cércaa un muro polo lado E. Frontis con porta rectangular (con pequeno peto metálico de esmolas), ventá rectangular central e pequena espadana. Interior: retablo neoclásico con dous talles ben antigas, San Vicente Mártir e San Vicente Ferrer. Hai anos atopáronse no adro cámaras funerarias construídas con lousa e un sarcófago de granito, dunha soa peza e sen tapa, que demostra a existencia no lugar dun asentamento paleocristiano. Sarcófago que pode verse en fronte da ermida.

Acceso

Saímos de As Pontes pola Avenida de Castelao e, aos 300 metros, torcemos á dereita pola Avenida de Vilalba que a habemos de continuar seguindo recto pola estrada local CP-7004 que leva ata os lugares de Marraxón e Pontoibo. Pasados 1´9 km., desviámonos á esquerda e aos 25 metros xa nos atopamos na ermida.
Arriba