IGREXA PARROQUIAL DE SAN BREIXO DE SERGUDE

Relixioso
1061
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sergude (San Breixo)

Lugar: A Eirexe

15881  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 49' 37.9" N - 8º 27' 47.0" W

Descrición

Ten unha nave de planta de cruz latina. A fachada presenta unha porta destacada por unha grosa moldura. A continuación, unha ventá e a torre- campanario cadrado coroando o edificio. A torre componse de dous corpos levantados sobre un baseamento cúbico.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada AC-960 que conduce a Sergude. A seis km, no lugar de A Igrexa xire á esquerda, a escasos metros atópase a Igrexa San Breixo de Sergude.
Dende Santiago séguese a N-525 e á altura da Susana cóllese ó cruce para AC-960 dirección Forte- Boqueixón, a 2,8 km. xire á dereita e a escasos metros atópase a Igrexa San Breixo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba