IGREXA DE SANTO ESTEVO DE ANOS

Relixioso
1254

Localización

Parroquia: Anos (Santo Estevo)

Lugar: O Cruceiro

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 05.9" N - 8º 54' 47.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico en orixe, con remodelacións durante o período barroco. Ten unha planta rectangular dunha soa nave, dividida en dúas dependencias na súa cabeceira (capela maior e sancristía), á que se accede a través dun arco triunfal. A cuberta da nave no interior resólvese mediante unha bóveda de canón reforzada por un arco faixón, volteado sobre columnas pegadas. A sancristía ten unha cuberta de bóveda de canón reforzada por tres arcos faixóns volteados sobre ménsulas. No exterior é a dúas augas con tella curva. Os capiteis do interior decóranse con motivos vexetais. Os muros son de cadeirado, agás na sancristía, que son de cachotería. No lateral dereito ábrense dúas portas e un ventanuco alintelados. Na fachada principal destaca a porta de acceso coa imaxe de San Estevo, sobre a que se coloca un van rectangular. Sobresae a espadaña con dous arcos de medio punto, rematada en tres pináculos.

Acceso

Na estrada C-552, no lugar da  Hermida, desvío hacia Anos na CP-1402. Antes da casa rural, desvío á esquerda.
Arriba