IGREXA DE SANTA MARÍA DE ESGOS

Relixioso
1158

Localización

Parroquia: Esgos (Santa María)

Lugar: Esgos

32720  Esgos - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 30.9" N - 7º 41' 43.9" W

Descrición

Templo do s.XVI. Fachada principal de sobriedade total. A porta principal é de arco de medio punto, estando decorada cunha sinxela moldura de baquetóns que percorre a porta dende as xambas. O seu remate ondulado, coa espadaña central dando empurre vertical ao conxunto, ao igual que os pináculos dos extremos da fachada, son as notas ornamentais deste conxunto. Planta de cruz latina con capelas que sobresaen. Retablo principal é de tres corpos con fornelas centrais, provisto de columnas salomónicas no corpo principal e de sartas nos outros dous. Destacan os talles de San Pedro, San Pablo e San Vitorio.

Acceso

Dende Ourense pola OU-536 en dirección á Pobra de Trives. Desvío en Esgos seguindo as indicacións á Casa do Concello.
Núcleo capital municipal.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba