IGREXA DE SANTA MARÍA DE SOUTO

Relixioso
1125
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Souto (Santa María)

Lugar: Souto

15319  Paderne - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 25.9" N - 8º 12' 12.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, aínda que a súa orixe foi románica do século XII. Na súa planta rectangular conta cunha soa nave. O espazo entre a nave e o presbiterio resólvese mediante un arco lixeiramente apuntado, apoiado en dúas semicolumnas, onde destacan os capiteis, un con grosas follas de rudo talle e outro cun baixorrelevo dun xabaril. A fachada principal, sobria e sinxela, contén a escasa decoración; así, no eixe vertical central superpóñense unha porta de entrada alintelada, un pequeno oco circular e, rompendo a cornixa, unha espadaña formada por dous corpos, o primeiro con tres machóns e campás, o segundo ornamental. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba