IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE MILLEIRÓS

Relixioso
801
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Milleirós (San Pedro)

Lugar: Mouronte

27568  Monterroso - Lugo

Coordenadas:
42º 50' 18.9" N - 7º 47' 38.0" W

Descrición

Esta igrexa atópase nas inmediacións do pazo de Milleirós, érguese sobre chan privado e para acceder a ela hai que atravesar os terreos dos propietarios do pazo. De planta rectangular, muros con cantería de granito e de cachotería, con encintados de cal rodeando as pedras. Teitume en tella e cuberta a dúas augas. Conserva un pequeno campanil cun só van de campá.
O coidado desta igrexa parroquial dependía antigamente do convento de Santa María a Nova de Lugo, á que os veciños lle pagaban décimos; posteriormente foi eliminada como parroquia eclesiástica e anexionada á de San Cristovo de Novelúa.

Acceso

Saíndo de Monterroso coller dirección Lugo. A 3,5 km virar á esquerda. O pazo de Milleirós atópase a uns 5 km e nel está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba