IGREXA DE SANTA MARÍA DO VAL DE RIOCALDO.

Relixioso
976

Localización

Parroquia: Río Caldo (Santa María)

Lugar: Padrendo

32895  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 24.9" N - 8º 06' 52.9" W

Descrición

A igrexa parroquial constitúe un bo exemplo do barroco local. A planta da igrexa debuxa unha cruz latina, con sancristía pegada ao presbiterio. A nave, de tres tramos, articúlase mediante pilastras, servindo tamén de apoio ao arco toral de acceso á cabeceira do templo. A nave cóbrese con bóveda de canón e aresta no transepto do cruceiro. A fachada poténciase con pilastras pseudodóricas nos extremos, que enlazan coas ramplas curvas da cornixa, servindo de asento aos pináculos. A portada aparece realzada con marcos de orelleiras, fornela superposta contendo a imaxe pétrea da Inmaculada e ventá moldurada. A espadaña consta de dous corpos decrecentes con ocos para as campanas.
Conserva no seu interior un retablo maior de grande interese, organizado en dous corpos decrecentes e compartimentar en tres rúas. A peza do sagrario, de estrutura torreiforme, logra certa monumentalidad, figurando cos relevos da Anunciación, Fuxida a Exipto e Adoración dos Pastores.

Acceso

Dende a estrada OR-312 que se dirixe a Portela do Home, coller á dereita no cruce de A Devesa-Padrendo. Continuar de fronte 1,5 km e xirar á esquerda antes de chegar ao pobo de Padrendo. Percorridos uns 250 m, volvemos a xirar a esquerda. A igrexa está a uns 350 m. 
Arriba