IGREXA DE SAN SALVADOR DE MANÍN

Relixioso
2239

Localización

Parroquia: Manín (San Salvador)

Lugar: Compostela

32864  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 53' 06.0" N - 8º 08' 30.9" W

Descrición

A igrexa de San Salvador de Manín, coñecida popularmente como igrexa de Aceredo, conta cunha rica historia chea de vicisitudes e anécdotas.
Trasladada de lugar, pedra a pedra, en dúas ocasións (1.769 e 1.992), o templo construíuse orixinalmente en Manín. Posteriormente, foi trasladado no s.XVIII os terreos hoxe anegados polo encoro de Lindoso.
O seu valor arquitectónico salvou unha vez máis a igrexa, que foi novamente traslada para evitar a súa inundación as inmediacións dos lugares de Ludeiros e Compostela, en Lobios, onde hoxe se erixe maxestosa.
Actualmente, a igrexa parroquial é un dos mellores expoñentes da arquitectura barroca da bisbarra. A súa construción, segundo testemuña unha inscrición no brazo dereito do cruceiro, fíxose sendo abade Damián Vélez de la Llana, no ano 1764. A plana da igrexa é de cruz latina con nave única de tres tramos e cruceiro; o transepto emerxe en altura ao exterior, cubrindo con bóveda de arestas a lanterna. A torre queda integrada na fachada aos pés do templo, substituíndo aquí a base aberta por un arco de triunfo apuntado sustentado por columnas. As esquinas do corpo inferior da torre aparecen destacadas por pilastras pseudodóricas, marcando a balaustrada o inicio do corpo de campás, con arcos abertos en cada fronte. Como remate aparece unha lanterna sobre tambor.
De grande interese é o retablo maior, con predominio da escultura en relevo sobre o vulto redondo. A ambos os dous lados do altar ábrense as portas da sancristía, situada tras o retablo, esculpíndose nelas os relevos de Adán e Eva entre nenos atlantes que finxen soster sobre se o peso da estrutura de madeira. O sagrario resólvese de forma monumental.

Acceso

Dende a OU-540 dirixímonos ao pobo de Compostela de Lobios. Transcorridos 700 m dende o Km 70, collemos á esquerda unha por pista asfaltada durante 950 m.
Recoméndase deixar o autobús nas inmediación da estrada OU-540.
Arriba