EDIFICIO DO ANTIGO GRUPO ESCOLAR

Civil
1191

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: Ortigueira

Rúa Márquez Cortiñas s/n

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 11.9" N - 7º 51' 05.0" W

Descrición

Edificio deseñado polo arquitecto modernista Xullo Galán na primeira década do século XX, con fins educativos. As obras foron promovidas polo entón deputado por Ortigueira, Juan Fernández Latorre, e sufragadas a partes iguais entre o Estado e o Concello.
O edificio estructúrase en torno a tres bloques destacando o central pola súa altura e decoración, onde se integran os escudos de Ortigueira, Coruña e Galicia.
Hoxe en día alberga a biblioteca e o arquivo municipais e as oficinas do I.N.S.S.

Acceso

En Santa Marta de Ortigueira coller a Av. Escola de Gaitas dirección Viveiro ata a rotonda que se atopa baixo a ponte do tren. Alí tomar a saída hacia o centro urbán e continuar 200 m. O edificio atópase á dereita.
Arriba