ANTIGO CONVENTO DOS DOMINICOS DE ORTIGUEIRA

Relixioso
259

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: Ortigueira

Praza Isabel II

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 06.0" N - 7º 51' 16.9" W

Descrición

O convento forma un conxunto arquitectónico coa igrexa parroquial de Santa Marta. O antigo convento dos dominicos foi construido na primeira metade do século XIV e foi expropiado no 1835. O edificio presenta unha planta cuadrangular, na que se desenrolan dúas alturas, arredor dun patio interior co seu correspondente claustro. Escasamente ornamentado, a decoración exterior concéntrase na fachada principal, que forma un ángulo recto co adro da mencionada igrexa, e na que destaca a porta de entrada adornada con pilastras de estilo toscano sostendo o entablamento. No interior resaltan tres escudos heráldicos labrados en pedra, con emblemas da vila. O edificio alberga hoxe dependencias municipales e dedícase en parte a actividades culturales.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba