ERMIDA DE NOGUEIRA

Relixioso
884

Localización

Parroquia: O Sisto (Santa María)

Lugar: Nogueira

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 52.6" N - 7º 40' 38.6" W

Descrición

Pequena ermida de aspecto rústico e antigo, construída a principios do s. XVII. Fabricada con cachotería de lousa, de muros caleados de branco e con cuberta de lousa a dúas augas. É de planta rectangular e consta de nave e pórtico cuberto e sinxelamente abovedado ante a fachada, con porta en arco de medio punto con sinxelas impostas.
Por enriba do pórtico presenta un pequeno ventanal rectangular e a espadaña dun solo van de arco peraltado, na clave do cal aparece unha vieira. Interior: retablo renacentista con talles do s. XVIII.
Arriba