Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: IGREXA DE SANTA MARÍA DE OUROL&body=Recoméndoche que leas a información IGREXA DE SANTA MARÍA DE OUROL extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23929/igrexa-de-santa-maria-de-ourol?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Igrexa de planta de cruz latina, á que posteriormente se foron engadindo capelas laterais, sancristías, torre campanario e alpendres. Fabricada nos s. XVIII -XIX en cadeirado de granito rebocada de branco -agás torre campanario, reforzos de vans e esquinales-, con cuberta de lousa a dúas augas en nave, a catro en cruceiro e a tres en capelas laterais e sancristías, situadas nos costados da capela maior.
De fachada bastante austera con ventanal cadrado e porta principal alintelada, sobre a que hai inscrición con data de reedificación desta parte do templo: 1898. Ao lado, torre campanario de planta cadrada de tres corpos e cupulino con acroterio final, sobre a porta da cal figura a inscrición: "Esta tore se ico siendo cura D. Franco. Cao Cordido. Año de 1790". Interior: presbiterio con bóveda de aresta e cúpula semiesférica con pinturas murais do Xuízo Final e os catro evanxelistas; retablo maior neoclásico da segunda metade do s. XIX, e retablos laterais salomónicos.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.