IGREXA PARROQUIAL DE SAN TOMÉ DE FELPÓS

Relixioso
660
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Felpós (San Tomé)

Lugar: Felpós

27205  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 55' 42.9" N - 7º 53' 09.9" W

Descrición

Sinxela obra rural de pequenas dimensións. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de tella a dous e tres augas, e o pavimento é de lousas de granito. A planta é rectangular no caso da nave, e cadrada no presbiterio. Ambos os dous espazos divídense por medio dun arco triunfal de medio punto en aresta. O fronte, con portada alintelada, remátase cun campanil dun solo van. No muro lateral S, próximo ao arco triunfal, baixo un arco de medio punto áchase un altar con esculturas pétreas que representan a adoración dos reis, e sobre este arco hai un medallón coa imaxe de San Pedro. Medallóns deste tipo atópanse polo resto da nave, cubertos de cal na actualidade, mentres que o retablo do altar maior é de estilo neoclásico.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba